Personaxes que actualmente desenrolo en todo tipo de eventos, vodas, comuñóns, comidas, ceas de empresa, congresos, despedidas, aniversarios…etc.

  Actor Infiltrado (Maître, camareiro, invitado...):

Personaxe moi entretido e divertido, apto para todo tipo de públicos,  de humor surrealista, absurdo, interactuando durante todo o tempo do evento co público/comensais.

   Conxuro da Queimada:

Personaxe/queimador que fai unha pequena introdución humorística antes de facer o conxuro da queimada tradicional galega.

 Antiboy:

Son varios personaxes que vanse descubrindo, mediante a utilización da música e a palabra, xogan co público animándolles e facéndolles crer que van ver un strepties convencional.

   Outros Tipos De Personaxes:

Baixo petición pódese estudar a posibilidade de realizar diferentes personaxes aos aquí ofertados, tendo liberdade para situalo en diferentes situacións, localizacións, diferentes tipos de caracterizacións,  etc.

Igualmente poderase barallar a posibilidade de traballar con personaxes con texto previo, xestuales, etc.

Este tipo de personaxes haberá que solicitalos coa debida antelación dependendo das dificultades técnicas do mesmo.

Alguns lugares e cidades donde teño feito os personaxes aquí descritos:

Hoteis: Finisterre, NH Atlántico, Zenith, Hesperia, Attica21, Meliá María Pita, AC Hoteles, Eurostars, Pazo de Vilaboa, Pazo Sta. Cruz de Mondoi, Pazo Libunca, Pazo de Brexo, Pazo Bidueiro, Parador Reyes Católicos, Quinta da Auga, As Galeras,  Gran Hotel Santiago, Los Abetos, Alfonso IX, Mendez Nuñez, Torre de Nuñez, Puerta de San Pedro, Pazo de La Buzaca, Pazo de Bendoiro, Louxo, Talaso Atlántico, Finca Atlántida, Bahía de Vigo, Temple…

 

Restaurantes: Finca Montesqueiro, Mirador de San Pedro, La Mamma, Oido Cocina, Casa Celia, Casa Peizás, Punta del Este, Aldeola, A Lagoa, Costa Caión, Balcobo, Canta la Rana, Rocamar, Manuel-Manuel, Ana, Mamma Mia, Oro de Roma…

Cidades: A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol, Vilagarcia, Carballo, Sarria, Vimianzo, Malpica, Buño, Caión, Baiona, Ponferrada, Teruel, Valencia…

Preme no link o meu Facebook profesional por se queres seguir as miñas andanzas.