AGULLA nace na Coruña, froito dunha longa inquietude e do desexo como creador e intérprete de mostrar, de ensinar un traxe confeccionado a medida para cada ocasión, coas súas ribetes, os seus bos tecidos e o pespunte necesario para que a peza luza.
AGULLA PRODUCCIÓNS desenvólvese coa intención de ter un longo percorrido e que este pasos sexan acompañados polos actores principais deste desfile: O PÚBLICO.
Para elaborar as diferentes vestimentas usaranse desde os máis antigos patróns aos deseños máis atrevidos, resultando unhas pezas "moi ponibles" para achegalas ao PÚBLICO de hoxe. Cores e deseños de sempre, tallas unixex, usando teas, apliques, e os bordados que teñamos máis a man, Km 0
Esperamos que este proxecto nado en época de pandemia e cosido a man con humor, ternrura, tristeza, ira, sorpresa e moito amor sexa a mellor vacina para os tiempos que son chegados.